jueves, 20 de marzo de 2008

Deneb

Quero navegar polos mares,
Necesito saír do mundo.
Ser unha gaivota que chega ata as nubes
Un barco con rumbo a ningunha parte.
Quero navegar polo vento
Necesito cambiar de aire.
Ser a chuvia que molle a terra,
Unha dirección que non cambie.
Quero volverme invisible,
Necesito que ninguén me vexa.
Ser un camiño perdido,
Un bosque ou unha selva.

1 comentario: